A terceira Póla e Fronteiras na celebración do Día das Letras Galegas
Etiquetas:Fronteiras, Galego — ebierzo | 17 Mayo 2008 |
Co gallo do Día das letras Galegas os actos a prol da lingua multiplícanse por todo o país. Entre as iniciativas programadas queremos lembrarvos dúas:
- Sábado 17 de maio, ás 16:30 horas na Televisión de Galicia: estrea de A terceira póla. Un recanto de fala galega en Estremadura, documental dirixido por Rubén Pardiñas.
- Luns 19 de maio, ás 19:30 no Fórum Metropolitano (A Coruña): proxección do documental Fronteiras e coloquio posterior coa participación de Rubén Pardiñas (director da película) e Carlos Varela Aenlle (académico correspondente da RAG en Asturias).



