Actualidad

Las noticias que realmente interesan.

Destacado

Las mejores actividades culturales para la semana

eBlogs

Un sitio para la opinión, el debate y las ideas.

Media

El rincón para los contenidos multimedia, video, fotografía …

Teatro

Las artes escénicas en todas sus manifestaciones

Home » eBlogs

Fronteiras proxectarase hoxe no Festival de Cine de Ponferrada.

Submitted by ebierzo on Miércoles, 1 Octubre 20081 Comentario

O documental Fronteiras, dirixido por Rubén Pardiñas, foi seleccionado na sección Kaleidoskopio do 6º Festival de Cine de Ponferrada, que se ven desenvolvendo na cidade berciana dende o 26 de setembro e até o 4 de outubro. A proxección terá lugar no auditorio de Caja España ás 20:30 horas. A película vén de ser tamén seleccionada no 13º Festival de Cine Internacional de Ourense, onde se proxectará na sección Panorama Galicia o 14 de outubro.

Fronteiras é un polémico percorrido polos límites xeográficos e culturais galegos (dende a Terra Eo-Navia asturiana até o Norte de Portugal, pasando polo Bierzo leonés e as Portelas zamoranas) no que as rifas lingüísticas, as posicións irredentistas e a politización de moitos dos elementos que conforman a cultura arraiana nos amosan a forte ideoloxía agochada en institucións e disciplinas que decote consideramos obxectivas e/ou científicas.

O documental inclúe as intervencións tanto dos propios habitantes destas zonas estremeiras como a de especialistas da filoloxía, da política ou do mundo da cultura, como Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Ramón Barreiro Rivas, Ramón d´Andrés, Ana Cano, Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Bieito Romero.

Producido por Pasacana Films, Fronteiras acadou en 2006 o Premio Xpréssate ao mellor proxecto de documental no II Festival Internacional de Documentais de Tui ´Play-Doc´. Estreado no Play-Doc ´07 e adquirido pola Televisión de Galicia, a película participou, entre outros, no III Festival Internacional de Cinema Jovem de Santa Maria da Feira FEST 07 (Portugal, 2007), o 45º Festival Internacional de Cine de Xixón (2007), o 21º Cineuropa de Santiago de Compostela (2007), o V Documenta Madrid 08 ou a 40ª Muestra Cinematográfica del Atlántico Alcances 08 (Cádiz).

http://www.festivalcineponferrada.com/6F2008/portada.html

http://fronteiras.blog.com

http://www.pasacanafilms.com/ 

1 Comentario »

  • visitor said:

    muy bueno el documental, Bierzo Galego!

Deja tu opinión!

Deja tu comentario a continuación, o trackback desde tu sitio web. Puedes subscribirte o seguir los comentarios subscribe to these comments via RSS.

Se bueno y comenta sobre el artículo.

Puedes utilizar las siguientes etiquetas HTML:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Gravatar esta activado en nuestro Blog. Para utilizar una imagen de gravatar debes registrarte en su web; www.gravatar.com.

Para poder publicar tu comentario debes rellenar las palabras que observas en el siguiente recuadro, escribe las dos palabras separadas por un espacio y pulsa el botón de publicación.