Galicia y El Bierzo: Unidad Xurisdicional e Policial a fines do século XV
Abril 14, 2008
Por Xabier Lago Mestre, Pte. de Fala Ceibe do Bierzo. obierzoceibe.blogspot.com. (Artículo en Gallego)
O achádego de varios documentos da década dos 80 do século XV pemítennos saber máis das relaciois institucionais entre Galiza e maila rexión do Bierzo. Estes documentos refírense á unidade xurisdicional e policial para ámbolos dous territorios vecinos. Ante os problemas de orde pública rexistrada no reino de Galiza, a Raíña Isabel a Católica determina, mediante provisión de 7 de outubro de 1480, que os seus máis importantes oficiais neste reino, a saber, o Capitán e Xustiza Maior , Hernando de Acuña, e o Alcalde Maior, o licenciado Chinchilla, amplíen a súa xurisdición ao Bierzo. Así lemos que estes dous oficiais “tengan por mi y en mi nombre, quanto mi merçed e voluntad fuere, la justicia e jurisdiçión çebil e criminal desas dichas villas y lugares (do Bierzo e Balcarçe) según e por la forma e manera que lo tienen en el dicho reino de Galizia (…)”. Continua
Pequenos Tesouros (Pequeños Tesoros)
Diciembre 8, 2007
Sergio B. Landrove, gestiona y alimenta Constelación 18 , en esta ocasión nos presenta una estupenda historia, que escribe en gallego (no es habitual) no obstante también puedes leer esta colaboración en castellano aquí.
A partires das oito do serán comezaba a súa ruada, baixaba pola Avenida revisando os colectores «Están cheíños de tesouros», díxome o día que xunteí valor e faleí con ela, «a xente bota cousas novas do trinque.» Principiaba polo contedor que fica xunto á frutería: alí, en caixas de cartón deíxanlle as pezas ameradas, ás que xa ninguen vai mercar. Ela examinaba lentamente as leitugas, os tomates, os pementos e escollía o que aínda era aproveitable. «Con estes plátanos pasados aínda podo facer unha moi boa papa.»
Sempre pensei que a súa casa sería un enorme alpendre cheo de caixas, rodas, somieres, televisores… «¡Outro televisor vello! ¿Cántos tes?», dixelle. Co pau dunha vella basoira mantivo aberta a tapa do primer colector e dirixiú a linterna («atopeina tirada nun destes e aínda funciona») cara o interior Continua


